mércores, 19 de xaneiro de 2022

Manifesto Fundacional

COLECTIVO BERRO SECO  NA DEFENSA DOS DEREITOS E LIBERDADES

Lidia Senra, Cristina Blanco González, Fernando García, Xosé Ramón Cendán Regueiro, Miguel Anxo Abraira Sobrado, Antonio Lores, Lola Grande, Elvira Grande, Cristina Guerreiro Peralba, Xabier Gómez Santiso, Manuel Rey, Iolanda Teixeiro Rei, Xóan R. Doldán García, Elvira Trinidad Jove, María Belén Fervenza, Beatriz Fervenza, Iago Lameiro Covelo, Jacobo Ojea Reyes, Mina Gómez Barreiro, Miguel Anxo Méndez López, Begoña de Bernardo Miño, Carlos Alfredo Villaverde Blanco, Conchi Castro Pedreira, José Luis Carreira Bruzos, Manel Pardo, Pura Seoane Albela, Rosa Baña Castro.

MANIFESTO FUNDACIONAL

Somos un grupo de persoas diversas, tanto vacinadas coma non vacinadas, mais que coincidimos desde principios de esquerda na reivindicación dunha sociedade composta por seres libres, iguais e co dereito a decidir, individual e colectivamente, e de modo democrático, sobre os diferentes ámbitos da vida. 

Desde principios de esquerda observamos con fonda preocupación como se está a dar unha deriva totalitaria e antidemocrática da man dun conxunto cada vez maior de medidas e cambios lexislativos

 Desde esta base común, observamos con fonda preocupación como se está a dar unha deriva totalitaria e antidemocrática da man dun conxunto cada vez maior de medidas e cambios lexislativos (Estratexia de Seguridade Nacional 2021) que se vai estendendo a diferentes ámbitos da vida. Estas medidas están xustificándose por unha suposta protección da saúde, mais obedecen a decisións políticas e non responden a unha verdadeira razón sanitaria pero, sobre todo, atacan dereitos humanos básicos e fundamentais, e tamén dereitos recollidos no Convenio do Consello de Europa sobre Dereitos Humanos e Biomedicina (ou Convenio de Oviedo) de abril de 1997 e ratificado posteriormente por diversos países (incluído o Estado español),  e dereitos recollidos na Lei básica reguladora da Autonomía do Paciente e de Dereitos e Obrigas en materia de información e documentación clínica (lei 41/2002, de 14 de novembro).

Esta é a verdadeira razón que nos move; a defensa dos dereitos que se conseguiron co esforzo e o sacrificio de moita xente ao longo do tempo e que, froito desa loita, acabaron por ser recoñecidos na lexislación internacional e estatal.

 

 Entre os dereitos humanos seriamente ameazados ou vulnerados están: a consideración de todos os seres humanos como seres libres e iguais, o dereito á liberdade, o non sometemento a tratos crueis, o dereito a sermos protexidos contra a discriminación e o acoso, o dereito a non ser detidos de forma arbitraria, o dereito á presunción de inocencia e a penas xustas, o dereito á privacidade, á honra e á reputación, o dereito á libre circulación, o dereito á liberdade de pensamento, de conciencia, de opinión ou de expresión, o dereito á liberdade de reunión, o dereito á seguridade social e o dereito a tomar parte da vida cultural da comunidade.

 

Entre os dereitos humanos seriamente ameazados ou vulnerados están: a consideración de todos os seres humanos como seres libres e iguais, o dereito á liberdade, o non sometemento a tratos crueis, o dereito a sermos protexidos contra a discriminación e o acoso, o dereito a non ser detidos de forma arbitraria, o dereito á presunción de inocencia e a penas xustas, o dereito á privacidade, á honra e á reputación, o dereito á libre circulación, o dereito á liberdade de pensamento, de conciencia, de opinión ou de expresión, o dereito á liberdade de reunión, o dereito á seguridade social e o dereito a tomar parte da vida cultural da comunidade.  Ademais, vulnéranse dereitos recollidos no Convenio de Oviedo como que: toda intervencións sanitaria só poderá facerse co consentimento libre e informado da persoa afectada, podendo retirar esta libremente o consentimento; o dereito a que se respecte a vida privada de calquera persoa no que se refire a informacións relativas á súa saúde; o dereito a que as persoas non se presten a un experimento se existen métodos alternativos, que estean informadas dos seus dereitos e as garantías da lei para a súa protección e que o consentimento sexa expreso e específico e estea consignado por escrito; o dereito a que exista un debate público sobre as cuestións fundamentais no ámbito da bioloxía e a medicina, que inclúa as implicacións médicas, sociais, económicas, éticas e xurídicas pertinentes. Tamén se vulneran dereitos recollidos na Lei de Autonomía do Paciente como: o dereito a que o consentimento de pacientes e usuarios/as se obteña unha vez que estes reciban a información adecuada, e debendo ser por escrito, podendo rexeitarse o tratamento, tendo que  gardar a debida reserva a elaboración e o acceso á información clínica sanitaria; o dereito de toda persoa a que se respecte o carácter confidencial dos datos referentes á súa saúde; o dereito a que a información dada a cada paciente, antes de obter o seu consentimento escrito, inclúa as consecuencias relevantes do tratamento, os riscos coñecidos e as contraindicacións; o dereito a que os datos de cada paciente contidos na súa historia clínica, mesmo con fins epidemiolóxicos, separen a identificación persoal da de carácter clinicoasistencial, asegurando o anonimato, salvo que o/a paciente teña dado consentimento para non separalos.

Por todos estes motivos, pedimos:

        Que se centren os recursos e esforzos na atención e coidado das persoas enfermas, atallando o desmantelamento da Sanidade Pública que está deixando de ser operativa no día a día, que se deixe de derivar os seus recursos á sanidade privada e que cesen de inmediato as medidas destinadas a perseguir e/ou violentar as persoas sas.

          O fin inmediato de calquera tipo de coacción e acoso coa finalidade de converter, na práctica, a  vacinación nun acto obrigatorio. 

          A suspensión inmediata da recomendación da vacinación infantil e xuvenil en base ao principio de precaución, por non existir datos que avalen a inexistencia de efectos adversos a medio ou longo prazo, ou da vantaxe de asumir estes con respecto ás consecuencias para a saúde por sufrir a COVID19 nestes tramos de idade.

          A inmediata eliminación do pasaporte covid para calquera uso.

          O fin das campañas de acoso, fomento do medo xeneralizado á poboación e de criminalización das persoas que disenten sobre calquera das medidas políticas ou sanitarias instauradas ou manifestan unha opinión discordante coa verdade oficializada polas diferentes administracións ou desde os complexos empresariais de comunicación de masas.

-          Que nos medios de comunicación públicos se informe en base á investigación e ao debate científico, respectando todas as opinións e deixando de funcionar como transmisores do pensamento único que promoven o acoso cara ás persoas que disenten eliminando as prácticas de censura máis ou menos encubertas; en particular as referidas a opinións científicas diverxentes cos intereses maioritarios da industria médico-farmacéutica, para que haxa un debate científico real que está na base de toda ciencia que non sexa dogmática.

 O dereito a unha información plural, completa e veraz, sen ningún tipo de censuras sobre todos dos aspectos directos e indirectos relacionados coas xestións da pandemia, así como dos efectos colaterais adversos na saúde das persoas e no gasto farmacéutico.

 

 -        O dereito a unha información plural, completa e veraz, sen ningún tipo de censuras sobre todos dos aspectos directos e indirectos relacionados coas xestións da pandemia, así como dos efectos colaterais adversos na saúde das persoas e no gasto farmacéutico.

-        A apertura a un debate social e político sobre as medidas económicas e políticas restritivas adoptadas ao amparo da epidemia covid, sen prexuízos de partida. 

          Un exercicio de reflexión e debate interno das organizacións políticas partidarias e sindicatos sobre a conculcación dos dereitos humanos básicos e dos dereitos fundamentais que se vén dando desde o comezo da pandemia, que sirva para avanzar cara a unha sociedade máis democrática e respectuosa con todas as persoas, á marxe das súas opinións ou das decisións que tomen ao amparo do que ditaminan os ditos dereitos.

 

Pousadoira, Xaneiro de 2022.


PULSA AQUÍ PARA ASINAR O MANIFESTO 


PARA CONTACTAR CONNOSCO ENVÍA UN CORREO A:

berrosecodignidade@gmail.com

 


16 comentarios:

  1. Xa era hora. A esquerda deste País está durmida e despois extráñanse de xq non gañan eleccións. Temos q combater a perda dos dereitos máis importantes, cos q nacemos!! Benvido sexa este texto!!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns pola iniciativa, já era hora duma resposta social.

    ResponderEliminar
  3. Saúdo un texto moi necesario.Dende o meu muro de Facebook veño recalcando este e outros aspectos das políticas covid dende posicións racionais,republicanas e de esquerdas. Para quen esteades interesados/as en leer os moitos textos subidos podedes pedirme amizade en Xaquín López Gómez. Liberdade e saúde!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Xaquín solicitarei amizade no facebook.e moi importante facer rede xa q e evidente q buscan dividir e aillar a quen non suscribe estas medidas totalitarias

      Eliminar
  4. Graciñas.
    Por fin.
    Algo se empeza a mover.

    ResponderEliminar
  5. https://rebelion.org/el-trumpismo-de-izquierdas-y-los-no-vacunados/

    ResponderEliminar
  6. Interesantísimo tamén o artigo de onte en Nós, Un mundo feliz de Alberte Casal.
    Non fun quen de pégalo aquí.

    ResponderEliminar
  7. Gracias. Ya era hora. A ver si se suman más colectivos. Es muy, muy triste intentar hablar de libertad y que te etiqueten de facha o cosas parecidas. O tener la fuerte sensación de que la libertad la está sosteniendo mejor, ideológicamente, la llamada derecha. A ver cómo sale de esta la llamada izquierda, que parece que ha sacrificado al individuo, supuestamente, en favor del grupo, sin buscar ningún tipo de equilibrio y, además, imponiendo por la fuerza o la coacción. También lo ha hecho la derecha, pero era esperable de ellos.

    ResponderEliminar
  8. Parabéns pola iniciativa, aínda que sexa con retraso. É Unha cuestión de dignidades persoal e colectiva que transcende ideoloxías, que nesta situación concreta non deixan de ser outra división e outra trampa para conseguiren o obxectivo

    ResponderEliminar
  9. Hoi tempo que llelo veño dicindo a xenética de Valdeorras. Que coa desculpa da Saúde estoy é unha trampa. E coma do María D. Vale máis porse as pólas E principiar autoxestionarnos. O noso corpo E noso E sobre a vida de cada quen decide un. Somos o único responsable. Parabéns pola iniciativa.

    ResponderEliminar
  10. Muy buena iniciativa. Ya era hora ver como no todos estamos dormidos y nos creemos todo cuanto nos dicen. La utilización de las neuronas está en claro retroceso

    ResponderEliminar
  11. Pois si, a complicidades da esquerda con esta deriva totalitaria é incríbel para os que levamos anos apoiando as súas propostas reivindicativas de dereitos e liberdades laborais,culturais e sociais. Que se apunte ao Pensamento Único sobre a suposta pandemia, á censura e á división e á discriminación individual e social é inaudito e demostra unha cegueira incrível que pagará moi caro. Benvido este manifesto que nos fai sentir un pouco menos orfos ideolóxicos aos que optamos por disentir de toda a farsa da " plandemia".

    ResponderEliminar
  12. Buenas tardes:
    Podrían explicar un poco qué proceso se sigue?
    Cuántas firmas son necesarias recoger?
    A quien irán dirigidas y de qué modo ?
    Pueden firmar personas empadronadas en Galicia o de todo el territorio nacional?
    Porque se abre con un Facebook?
    Gracias

    ResponderEliminar
  13. Me alegra enormemente que haya colectivos de izquierda que mantengan una mirada crítica ante esta brutal agresión.
    Sin embargo, me apena comprobar que hayáis aceptado una parte considerable e importante de la mentira que supone el fenómeno COVID y os animo a seguir cuestionando y avanzar así en la lucha contra los que han montado esta falsa pandemia, los mismos que ya montaron otras en el pasado y que continuarán haciéndolo si no se lo impedimos desde la raíz.

    ResponderEliminar